AUTOR
Héctor M. Silveiro Fernández
ILUSTRACIOIS
Maite García Portabales
Carmen García Portabales
FOTOS
Marisol Poncelas
COLABORACIOIS
Xavier Camba
EDITA
Asociación Cultual " ESCOLA DE GAITAS DE VILAFRANCA DO BIERZO "
IMPRIME
Editado cunha subvención da DIRECCION XERAL DE POLITICA LINGÜISTICA-CONSELLERIA
DE EDUCACION DA XUNTA DE GALICIA.
INTRODUCION
Desde que o home é home está constantemente preguntándose cousas cada
vez máis complicadas de respostar. Muitos dos coñecementos acadados son
unha adición de pequenas reflexiois sobre experiencias seculares transmitidas
dun xeito anónimo, pero á vez efectivo de xeneración en xeneración. E
son certas respostas psicolóxicas as que, determinadas pola evolución
socio-cultural e histórica do ser humano, se transforman en costumes que
logo no devenir dos tempos consolidan culturas distintas producto dunha
longa andaina.
DE ONTE A HOXE
A Festa dos Maios, naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban
cál era esa forza renovadora que cada ano ,tras a época das chuvias e
o frío, por un non sei que medio máxico , facía abrota-la semente e revestía
os campos de variadas cores. Nunha sociedade neolítica a dependencia do
ciclo regular das estaciois, da forza da Natureza provocan o nacimento
do culto a " deidades " do mundo vexetal coma ás árbores. Debíalles sorprender
a aqueles homes a coincidencia da estación primaveral coa fecundidade
animal que non tardaron en relacionar ,tamen , coa fertilidade da especie
humana; de aí nacerá o culto a fecundidade e os amuletos máxicos , que
representan corpos grosos cos rasgos femininos manifestos,que nos dan
conta de ditas crenzas . Os gregos ,unha das máis avanzadas culturas mediterráneas,
foron máis inxeniosos creando un mito para explica-lo cambeo estacional:
" Perséfone, filla da deusa da fertilidade da terra ( Deméter para os
gregos, Ceres para os romanos) que foi raptada polo señor do escuro e
friorento mundo subterráneo, cando ,como tódolos anos ,volta á terra despois
do inverno que pasa co seu esposo Hades , a súa nai recibea cunha explosión
de ledos verdes e frores multicores " . Esta eclosión primaveral celebrabana
as mulleres da Atenas clásica coas festas mistéricas ,de carácter secreto
e prohibidas ós homes ,adicadas a deusa dos cereais.
Os cidadans romanos, pola súa parte , xa antes de ter escravos que lles
traballaran as terras, festexaban á Maia, mai do nome do mes ( que desde
os romanos está no calendario dos pobos conquistados por eles ) durante
a que se purificaban os campos coa realización de sacrificios de animais.
Os cristians adaptarán , en grande medida , estas festividades no seu
santoral transformando o nome , pero non os contidos. Mais chegará a Idade
medieval na que as novas técnicas agrícolas fan medrar tanto a produción
coma a poboación. Nestas sociedades xerarquizadas nos que guerrean (reis
e nobres) , os que oran ( monxes e bispos) e os que laboran para eles,
os labregos, sufrían ,ademáis de guerras e pestes , as malas colleitas;
e ,do mesmo xeito , bricáballes o corazón no peito co bo tempo, doado
para as mellores colleitas. Por iso, pódese asegurar que na etapa medieval
a celebración de rituais propiciatorios do espertar da natureza , expresión
cultural dunha sociedade agraria na que xogan un papel fundamental os
cambeos estacionais para o seu traballo, para a súa existencia, experimentou
,sen dúbida, un notable desenrolo. Dos festexos transmitidos polos vellos
labregos ós seus fillos e netos estarían , sen dúbida , os do mes de Maio
( tras da sementeira) e os do tempo da colleita, preferentemente a do
pan. Como exemplo do vencellamento do mes de Maio coas colleitas serva
a cita do Libro de Alexandre: " Sedie el mes de Maio coronado de flores
afeitando los campos de diversas colores, organeando las Maias e cantando
d' amores espigando las mieses que siembran labradores "... Precisamente
as colleitas, é dicir, a fecundidade dos campos ,víronse interrelacionadas
inevitablemente coa fertilidade do gando, e , cómo non ,perto dos fruitos
propios dos amores entre homes e mulleres. Este tópico da literatura popular
e culta sitúa con nítida claridade ó mes das frores como " locus amoenus"
( lugar e momento ideal ) para o froreceren os amores humanos. Acéndese
o amor na voz dos goliardos , poetas errantes que entretiñan as súas inquedas
idas e vidas de taberna en taberna con cantos como: " No tempo das brumas
Oh,oh , por enteiro florezo, o varón está alelado, polo amor dunha doncella
coa mente primaveral por enteiro ardo, novo, vólvese lascivo. novo amor
teño,polo que perezo. " "Tempus est iocumdum" Carmina Burana 179 Non nos
pode estrañar que a Igrexia tentara combater semellantes arrebatos , ainda
que ás terras do Noroeste peninsular chegará desde mui cedo a prohibición
, por contrarias ó cristianismo , de variadas manifestaciois pagás . Para
os estudiosos do tema ,como Xosé Filgueira Valverde, o sustrato preromano
,de certa tradición celta, pervivíu nas prácticas heterodoxas de Prisciliano
e os seus seguidores (século IV d.n.e. ),herexía que atopou un gran número
de seguidores no que é hoxe Galicia,norte de Portugal e terras próximas.
Sabemos ,por outra banda ,que o culto ás árbores estaba , entre os Suevos
( poboadores da Provincia Gallaecia romana), estreitamente emparellado
co deus Thor ou Donnar, a quen cosagraban árbores grosos e vellos. A catequización
do reino Suevo de Galicia, tentando de paso eliminar as prácticas naturísticas
dos priscilianistas, encargarase a San Martiño de Dumio no século VI d.n.e.,
gracias ó que dispoñemos das primeiras referencias escritas da celebración
destes ceremoniais nestas terras pola súa obra De correctione rusticorum
. Mais é tamén no século VI cando o Papa Gregorio Magno , segundo nos
comenta Clodio González Pérez no seu libro sobre os maios en Galicia,
recomendaba: " Non suprimades os festíns que celebran aquelas xentes nos
sacrificios que ofrecen ós seus deuses; transladalos ó día das festas
dos santos mártires, coa fin de que , conservando algunhas groserias ,
alegrías da idolatría, se predispoñan máis doadamente a gostar das ledicias
espirituais da fe cristiá ." Ainda que non remataron as prohibiciois dos
maios e das xuntanzas campestres, foise impoñendo esta tendencia de sacralizar
as festas estacionais.
Clodio González Pérez danos unha relación altamente clarificadora dos
días do Santoral vencellados coas plantas e que aparecen arredor do 1º
de Maio:
ABRIL
Domingo seguinte ó 23......................................San Xurxo.
día 25...............................................................San
Marcos.
día 29...............................................................San
Pedro Mártir.
último domingo.................................................San Alberte.
MAIO
día 1..................................................................San
Felipe e Santiago, o Menor, apóstolos ( " Santiago o Verde").
día 3..................................................................Invención
da Santa Cruz, Santa Elena.
día 9..................................................................San
Gregorio,San Martiño.
A todos estes deberemos engadir o día 15 adicado a San Isidro labrador,
e datas coma Ascensión ou , xa propia dos primeiros días de Xuño, o Corpus
Christi, que sendo variables de sempre conlevan variopintas manifestaciois
florais. Non podemos esquencer nesta relación a advocación que se lle
da a todo o mes de Maio como mes da Virxe. Este carácter mariano enmarca
unha das composiciois máis antergas do galego-portugués, as Cantigas de
Santa María do rei Afonso X, o Sabio: " Ben veñas , Maios, et con alegría,
poren roguemos a Santa María..." O certo é que todas estas condenas quedaron
reducidas na práctica a aparición das coñecidas cruces de maio , que hoxe
seguen vivas , por exemplo ,nun bo número de vilas galegas. Parecía maioritario
e mui ben asentado un certo sentimento de licencia sexual nestes primeiros
días de calor da primavera como deixa entrever o libro de Alexandre :
" Andan moças a vicias cobiertas en amores, van coger por las siestas
a los prados las flores, dicen unas a otras: bonos son los amores. " Curiosísima
é a testimuña de Phillip Stubbes, membro destacado da secta puritana de
Inglaterra, que en 1.583 describe as festas de Maio en Anatomía das Ofensas
do seguinte xeito: "En Maio, tódolos mozos e mozas, vellos e casados ,
corretean pola noite nos bosques, lomas e montañas, onde pasan tódala
velada en alegres pasatempos; e pola mañán voltan traendo ramas de bidueiro
e outras árbores para adornar as súas xuntanzas ...E non hai que asombrarse
... que estea presente entre eles , como superintendente de tódolos xogos
e pasatempos, Satán, príncipe dos Infernos...." e , pouco máis adiante,
engade que " homes de reputación e gran seriedade declaran que do centenar
de doncellas que van ó bosque esa noite, menos da terceira parte volve
inmaculada a súa casa". Esta licencia recriminada por alguis sectores
da sociedade parece ser a clave das repulsas dos máis conservadores durante
unha longa etapa incidindo , máis adiante , nas molestias causadas pola
intención petitoria de muitas destas manifestaciois. Mais as prohibiciois
tamén tiveron carácter civil en Portugal . Nos séculos XIV e XV son frecuentes
na lexislación a advertencia de que non se canten " nem Janeiras , nem
Mayas...". Máis pola contra nas cortes reais foron estes festexos de fonda
raigaña e ata a chegada da Ilustración non xurdirán estas prohibiciois
civís. As razois esgrimidas son as que xa denunciaba con gracia no entremés
titulado La Maya Luis Quiñones de Benavente no século XVII : No sé por
dónde vaya que no me tope una maya y otra maya Maya aquí, maya allí ¡
donoso talle! mayando está en Madrid cualquiera calle. O conde de Aranda
recrimina o carácter petitorio das que "con el nombre de mayas se ponen
en las calles causando irrisión y fastidio a las gentes" estas e outras
Reais cédulas de Carlos III reiteradas en anos consecutivos tampouco lograron
erradicalas. Será a finais do século XIX cando como consecuencia dunha
nova sociedade baseada cada vez menos no sector primario da economía ,
fenómenos como a caída do Antergo Réxime, o éxodo campo-cidade , os propios
avanzes tecnolóxicos,centíficos e ideolóxicos da sociedade , escomeza
a decadencia do mundo rural e, paseniñamente , con ela perderán forza
estas manifestaciois estacionais. Tan solo se manteran naqueles núcleos
de poboación onde ainda haxa un continxente de mozos dispostos a conserva-lo
costume. Tamén nas vilas prodúcese o fenómeno de quedar reducido a festas
de rapaces , cecáis polo carácter petitorio que proporcionaba a mocedade
alguis cartos cousa nada desdeñable , e , como non , pola dimensión lúdica
e de sátira social na que se foran especializando estes maios vilegos
(Pontevedra, por exemplo). Veremos nacer concursos que premian as coplas
máis audaces e graciosas. Pero tamén por iso son reprimidas novamente
en tempos das dictaduras ,como a do Xeneral Franco , nos que non se toleran
críticas polo que van esmoecendo obxecto da censura e da prohibición.
Chegan ,pois, tremendamente esgotadas estas tradiciois os nosos días producto
dunha nova sociedade que ten mecanismos mui potentes de uniformización
da cultura, causando o desarraigo das expresiois culturais seculares propias,
específicas de cada pobo. Mais recentemente vívese un espertar esperanzador
destes festexos, adaptados ás novas realidades. Colectivos semellantes
ó noso ,conscentes da necesidade de pasar o relevo deste legado cultural
as xeneraciois que veñen detrás , seguros de que a variedade cultural
é un signo distintivo da humanidade.
OS DISTINTOS TIPOS DE FESTEXOS DE MAIO
Abordemos agora a clasificación das distintas modalidades existentes en Europa
e na península para poder así mellor catalogar o noso. Servíndonos dos datos
que o etnógrafo J. Frazer ofrece no seu coñecido libro A rama dourada veremos
como os distintos tipos de manifestaciois primaverais que tamén aparecen se
dan no Estado español. O caso das "enramadas " sobre portas das cortes ,preferentemente,
están tan extendidas en Irlanda como en Galicia buscando a protección do gando
de calquera mal vencellado co inverno e propiciando a fecundidade. Está documentado
desde o século XIII nas rexióis de Saxonia ,Burdeos , Provenza, Baviera, o
costume de ir busca-lo maio (majum quaerere). Trátase dunha " árbore de maio
", das máis esbeltas dos arredores, que encarna tódala simboloxía da festa
e que colocan nun lugar céntrico adornándoo de mui variados xeitos ( cintas
de cores, flores,etc...) . Este tipo de celebración é o máis usual polas terras
de Castela para realizar alí , entorno á árbore ,bailes e xogos. Un destes
xogos son as cucañas ,ou disputas por acadaren un premio posto no máis alto
da árbore que se instalou no medio do pobo ,para que , os máis decididos ,trepen
pol él acadando o recoñecimento dos convecíns , ás veces denominados co título
de " rei de maio " en Francia e Inglaterra. Quen sube o primeiro pola árbore
ensebada ou gana noutro xogo semellante pode escoller a " raiña de maio "(
en Suecia e Noruega as rapazas elixen entre elas a raiña a quen lle toca nomea-lo
rei de maio entre os mozos ). Con frecuencia mistúranse nestas rexiois centroeuropeas
as enramadas nas alcobas das noivas que poden emparentarse coas canciois de
" ronda de maio " mui extendidas , tamén , polo Sul e outros lugares da nosa
península. O "maio-mozo " , ou maio vivinte, personificación da fecundidade
vexetal, propio de Galicia , verémolo o día 23 de Abril baixo o nome de "
Xurxo o Verde " en Rumania e entre os eslavos rusos. En Inglaterra chámaselle
" Xoaniño o Verde ". Do mesmo xeito en terras cataláns " les maiets " englóbanse
neste tipo de maios. As coñecidas co nome de "maias " tanto en Galicia coma
Castela, rapaciñas vestidas de blanco e ataviadas con guirnaldas de flores,
aparecen en Lituania e tamén na Alsacia francesa. Tomando como modelo un esquema
plantexado por Julio Caro Baroja no seu libro La estación del Amor: Fiestas
populares de Mayo a San Juan faremos unha clasificación válida para tódalas
manifestaciois existentes en Europa: 1- Baixo dunha forma humana: > maio-mozo
ou rei maio > maias ou raiña de maio > boneco ou maio figurado 2- Baixo dunha
forma vexetal: > árbore > rama da árbore > flor 3- Baixo dunha forma humana
combinada coa vexetal : > árbore, máis rei de maio > rama ou flor máis persoa
ou boneco.
OS MAIOS EN GALICIA
Abordemos a clasificación plantexada polos estudiosos galegos onde atoparemos
unha gran de diversidade de rituais primaverais coexistentes en Galicia :
a) Manifestaciois agrarias ou propiciatorias: cando se quere unha abundante
colleita. Propias de persoas maiores polo xeral . Destacamos entre estas o
" alumea-lo pan ou danzas do pan " consistentes no percorrido dos campos sementados
con fachucos de palla prendidos ( o lume coma elemento purificador ) e recitando
invocaciois, tamén acendendo fogueiras nesta última noite de Abril , noite
por outra banda vencellada as meigas en Centroeuropa. O "poñe-lo ramo " nas
leiras, cortes, animais e incluso os apeiros coa fin de afasta-lo mal xunto
coa "bendición dos campos" con auga ( outro elemento purificador ) bendita
ou de fontes de recoñecida valía son cerimonias propiciatorias de boa colleita.
FOTO 5 b) Manifestaciois lúdicas ou festivas : festexo da chegada do bo tempo
, a floración e fructificación vexetal. Propias de nenos ou mozos. De entre
estas citaremos en primer lugar a entrega de " ramos de flores " cantando
algunha copla no día ún do mes de Maio á noiva, ás mozas ou ós viandantes
. Os "arcos de flores " estaban feitos nos camiños con polas,bimbias adobiados
con cintas e flores tanto no día 1, no Corpus Christi,ou na da Sta. Cruz ,
neste día constrúense "cruces de flores " que tamén se chaman maios . A "
árbore de maio " é mui rara en Galicia, parece ser que a tradición mandaba
roubala antes de chantala nunha praza para queimala ou pendurar un boneco
dela. Tratamento específico merecen "os maios-mozos " dos que temos un magnífico
exemplo en Vilafranca do Bierzo, un mozo véstese con plantas e atavíase con
flores. As coplas consérvanse sempre iguais na actualidade na Galicia administrativa
que nós teñamos coñecimento xa non sae ningún cando fai cen anos eran muitas
as vilas que os mantiñan vivos. Doutro xeito, sendo maios humanos como os
precedentes, definimos " as maias " como grupiños de nenas vestidas de branco
e con coroas de flores ou arcos que se adican a pedir para un santo ,ou a
Sta.Cruz ,polas rúas ou instalando altares nun lugar céntrico. Dentro do que
se denominan " maios figurativos " o máis común é unha figura cónica ou piramidal
con estructura de paus e recuberta de follas , flores e outros adobíos ( ovos,
laranxas,etc...) transportable gracias ás andas que lle son acopladas polos
mozos , que a acompañan cantando coplas que varían de ano en ano . Estas coplas
as máis das veces conteñen críticas sociais contra alcaldes,gobernadores,caciques;
outras ridiculizan a personaxes famosos,modas,feitos chocantes. Pero todas
elas na súa meirande parte parecen seguir un esquema tradicional onde sempre
afloran alusiois ó mes de Maio. O canto é acompañado con golpes de palitroques
que levan nas mans. Por último, están os " barcos de maio " que se tratan
dunha reprodución dun barco ó que se lle colocan unhas rodiñas para movelo
polas rúas.Como é de supoñer son tradicionais nas vilas como Marín ou Vilagarcía
de Arousa ,vilas mariñeiras . Tendo enconta que muitas delas xa teñen desaparecido
namentres que outras ainda seguen vivas situamos no seguinte resumo os lugares
onde tiveron ou teñen presencia estes costumes: a) Manifestaciois propiciatorias:
> Alumea-lo pan ou danzas do pan: Noia e Arousa(PO) > Poñe-lo ramo. > Bendici-los
campos. b) Manifestaciois lúdicas ou festivas: > Ramo de flores: Cambados(PO),
Queiroga (Lu),Brión (C),Os Riòs(Our.) > Arcos de flores: Tiobre-Betanzos(C).
> Cruces de flores: Ourense,Pontevedra,A Coruña, Noia,Ferrol,... > Arbore
de Maio: Laza(Our.), Entrimo(Our.) > Maio-mozo: Santiago,Viveiro,Ribadeo,Mondoñedo,Portomarín,
Lugo,Ribadavia,O Carballiño, Vilalba, A Coruña, As Nogais, Viana do Bolo,
Celanova, Verín,Noia,Porto do Son, Castro Caldelas, Monforte de Lemos, Carnota,
Queiroga, Pontedeume,etc.... e Vilafranca do Bierzo. > Maias: Pontevedar,Muros,A
Coruña... > Maios figurativos: Pontevedra, Ourense, Marín,Vilagarcía de Arousa,Redondela,
Caldas de Reis,Allariz, O Barco (no caso do Barco como o de Santiago e tantos
outros anteriormente eran maios humanos),etc...
A FESTA DO MAIO DE VILAFRANCA DO BIERZO:
UNICO EXEMPLAR VIVO DOS MAIO-MOZO GALEGOS.
Atendendo ,pois, ás clasificaciois de maios existentes, o noso estaría
entre os maios humanos ou maio-mozo polas seguintes razois:
- Véstese un rapaz coas cañaveiras ou mazandois.
- As coplas son sempre as mesmas.
Considerámolo un maio adscrito ós maios galegos porque:
- A meirande parte das coplas están no galego da zona.
- É un maio que estaba mui xeneralizado e existía dun xeito mui parecido
noutras vilas galegas.
- Vilafranca é desde fai séculos parte integrante da área do galego oriental
,feito que conforma a súa psicoloxía, o seu carácter, e, polo tanto, a súa
expresión cultural. No Bierzo existen ,ó menos, dous campos culturais distintos:
o galego e o leonés. Vilafranca é desde fai séculos ,poderíamolo decir sen
temor a equívocos, desde que naceu está integrada nunha área lingüística
chamada polos filólogos do galego oriental. Tamén desde a Idade Media toda
unha serie de factores socio-económicos vencellan a súa existencia con Galicia,
mesmo pola cuestión xeográfica. Un feito histórico desafortunado para esta
vila, a división provincial do 1833, determinou a súa pertenza á Provincia
de León condicionando así o futuro inmediato,ou sexa, a realidade actual
de incertidume para unha cultura aquí presente desde sempre e que agora
agoniza lentamente con escasas posibilidades de sobrevivir. Anque este legado
do pasado, este tesouro cultural que temos entre mans , como a raíz profunda
volta xermolar unha e mil veces con tremenda forza , resistese a desaparecer.
A festa do Maio é un bó exemplo do que queremos dicir. Este costume a pesares
de sobrevivir nun contexto hostil, en muitos outros lugares máis doados
quizais para perpetuarse, ten desaparecido fai máis de cen anos . Nesta
vila desde que naceu non deixou de pasar de xeneración en xeneración ata
chegar a nós.
Lembrémonos del : Na mañá do primeiro de Maio vanse corta-las cañaveiras
ou mazandois, que popularmente son coñecidos por " maios " pola súa utilización
para vestir ós maio-mozos de Vilafranca. Esta planta da familia dos apios
e coñecida como Apio cabalar ( "Smyrnum olusatrum" ) . O grupo de rapaces
que van canta-lo maio serán dun mesmo barrio e escollerán a ún ,ou dous,
para vestilos. Unha vez escollido o máis forte e máis alto do grupo ,para
que soporte o peso e resulte un maio grandioso co que se espera percorrer
cantos máis barrios mellor , escomezase a cubrir ó mozo completamente ata
que non sexa recoñecido .Isto é importante pois debe simbolizar unha deidade
vexetal. Para que o maio , xa de por sí florido , estea máis adornado se
lle poden colocar algunhas flores. Os acompañantes, a comitiva, irá vestida
rústicamente coa intención de provocar certa compaixón nos espectadores
que ,por outra parte, son veciños e non se terían que deixar condicionar
polo aspecto da comitiva na que non pode faltar un mego ou cestas para ir
gardando os cartos,castañas maias, e outros fruitos secos conqueridos. Cabería,
neste momento, preguntarse o por qué da osadía e a tenacidade coa que un
grupo de rapaces e rapazas se arma, o por qué dese " descaro" na insistencia
consentido pola comunidade( ata certo punto claro está) no requerimento
, na petición. Analisemo-la letra para unha maior comprensión do profundo
carácter ritual desta festa do Maio.
A LETRA DO MAIO DE VILAFRANCA. Disntinguimos catro grupos de coplas na letra
deste maio que ,como xa dixemos , foron transmitidas de xeneración en xeneración
,ainda que son a suma de distintos momentos na evolución da tradición ,
podendo intuir ese proceso de adición de coplas, inevitable ,por outro lado,
e sendo conscentes de que hai algunhas coplas que de sempre foron e sempre
deben ser cantadas. O grupo 1º ou referencial: describe o espertar da natureza,
facendo referencia o cambeo estacional. Identifícase ó Maio co mes. A súa
orixe ten muito que ver co refraneiro. Ponos no camiño dunha casa ou dun
barrio da vila. Do mesmo modo comezan romances tan coñecidos como "Por Mayo
era, por Mayo cuando hace la calor..." e outras muitas cantigas populares
medievais : " Marzo airoso, Abril chuviñoso sacan o Maio florido i hermoso.
" " Entra Mayo con sus flores , sale Abril con sus amores. " Podería parecernos
chocante que a segunda estrofa estea en castelán . En concreto naceu da
fragmentación dun estribilño que aparece no Cancioneiro musical dos séculos
XV e XVI ( " Entra Mayo y sale Abril , tan garridico le ví venir..." ) amplamente
versionado no chamado Século de Ouro da Literatura española. Polo tanto
sería unha adición á copla inicial tamén de tipo referencial; adición á
que non lle costaría muito insertarse dada a súa popularidade. Este grupo
de estrofas referenciais dase tamén noutros tipos de maios . Citemos unha
ó azar dun maio figurativo pontevedrés do ano 1840: " Este mes de maio é
o mes das flores, cando os paxariños ven ós seus amores". O grupo 2º nuclear
ou armazón básico tradicional: Este grupo de coplas dividirémolo a súa vez
en dúas . Principiamos coas estrofas de presentación ou humanizadoras (
lembremos que o noso maio é un maio humano ) pois a comitiva chega ó pé
dun balcón ou a unha praciña onde deben e queren canta-lo maio, e primeiramente
presentano. O mes de Maio personifícase ou toma aspecto antropomorfo . O
maio-mozo alí presente simboliza nese momento as cualidades positivas de
protección e fecundidade atribuidas ó mes. Pode ser tumbado no chan frente
da casa ou no medio da praza. Cremos que coplas de filiación mui próxima
introducidas a raíz dos concursos habidos nos anos 70 como a que dí: "Acuestate
mayo a descansar, cuando descanses vuelve a cantar" non deben incluirse
na letra tradicional do maio de Vilafranca entre outras razois por non seren
tracicionais ,amáis de que a copla que incita a deita-lo maio xa existe
na copla tradicional.. Iremos colocando xunto coas estrofas do noso maio
, polo efecto de conxunto que podan producir nos lectores,outras de maios
galegos alguis xa fai máis de cen anos desapareceron. Ésta humanizadora
do maio-mozo de Lugo é un exemplo: " Este Maio señora é , este maio que
andaba de pé." (Vilafranca). " Éste é o maio,maiño é este é o maio que anda
de pé." (Lugo). A inventiva popular creou outra estrofa que humaniza ó Maio
e presentao cunha pícara connotación sexual propiciada pola estación primaveral
das que o etnógrafo J. Frazer nos fala no libro anteriormene citado no capítulo
titulado : A influencia dos sexos na vexetación. Esta estrofa atoparémola
mui semellante en outros maios galegos : " Víche o Maio, miralle ben, tres
caralliños tamén vo-los ten" (Vilafranca). " Víste o maio , vístelo ben
, si non o viste, vé-lo eiquí vén. " ( O Carballiño ). As estrofas petitorias
son tamén un elemento nuclear dos maios pois a comitiva tras presentar o
maio-mozo como personificación das virtudes do mes, tras tumba-lo maio ,
esixen dos veciños a súa aportación por colocar ás portas da casa eses bens
favorecedores. Mais ¿ qué é o que se reclama? Pídense insistentemente no
noso e noutros maios galegos ou asturiáns castañas secas ou maiolas, símbolo
clarísimo do rirual propiciatorio que estes costumes gardan no seu transfondo
desde tempos mui ,pero que mui remotos. Coméntannos González Palencia e
Eugenio Mele no seu libro La Maya que na Beira-Alta portuguesa existe a
superstición segundo a cal é preciso comer castañas o 1º de Maio se non
queres que te rouben o burro ou morra o teu gando. En Alsacia piden ovos
ameazando con que se non se entregan as galiñas non porán en todo o ano
ou levaránchas as raposas. Fórmulas petitorias idénticas ou semellantes,
como non, nos maios de Santiago, As Nogais,Portomarín, etc...son mui frecuentes.
Especialmente significativa é a copla recollida no libro de J.L. Alonso
Ponga e A. Diéguez Ayerbe recollida do maio de Santalavilla no Bierzo: "
Este é o maio, señora é, este é o maio que anda de pé, que de pe, que de
sentadas, señora tire as castañas." A presente copla xunta nunha sola o
núcleo esencial ou armazón tradicional sobre o que se estructuran os maio-mozos
galegos. Pero voltemos as coplas de petición do noso: FOTO 8 " Tire castañas
,señora María, tire castañas que as ten na cociña" ( Vilafranca). " Tire
castañas, señora María, tire castañas que as trae na barrila" (As Nogais).
" Tire castañas ,señora Manuela, tire castañas que as ten na mantela" (
Vilafranca). " Déano-las maias, señora María, déano-las maias que están
bailando na criba." ( Santiago). " Tire castañas , tía Susana, tire castañas
que as ten na romana." " Tire castañas ,tía Narcisa, tire castañas que as
ten na camisa." ( Landoiro ). Estas estrofas petitorias deron pé á inserción
de coplas novas improvisadas e que por ser recoñecido o vecín citado ,por
exemplo, sexa doado lembrala en anos posteriores. Tamén provocaron o acople
de outras estrofas que ímolas considerar un grupo aparte. O grupo 3º de
coplas de halago ou insulto cántase unha vez que a comitiva é premiada con
diñeiro ou castañas. Son cantigas da comitiva agradecendo ou ,no seu caso,
denunciando a tacañería con maior ou menor sutileza, tentando en todo momento
que na celebración do rito primaveral participen por activa ou por pasiva
tódolos veciños. Estas coplas comuis a outras manifestaciois culturais como
os aguinaldos,manueles,reis,etc... trunfarán, acadando a súa pervivencia
nos anos vindeiros , dependendo da gracia ou ,quizais, do personaxe criticado,
da popularidade que sexa capaz de conquerir, establecéndose, deste xeito,
unha criba de autoselección e depuración da letra tradicional.Vexamos alguis
exemplos: " Estas portas son de ferro , onde vive un caballero." " Estas
portas son de de estopa, onde vive un lapasoupas( ou zampatortas)." " Esta
casa é de cristal , onde vive un general." " Esta casa é de pedra, onde
vive unha doncella." " Esta casa é de palla, onde vive a cagalla." " Esta
casa é de losa, onde vive unha roñosa." (Vilafranca). Nestas coplas por
unha banda escóllense a casa ou as portas como unha metonimia daquela pola
significación non tan solo de lugar adicado á vivenda, se non coma unidade
de carácter antropolóxica ou socio-cultural. Esta pasa a ser calificada
por materiais nobles e indicadores da riqueza xunto cun reforzo de tinte
social (caballero, general, doncella) que contrastan con materiais pobres
e adxectivos peiorativos. O grupo de peche cántase para ergue-lo maio,que
durante as peticiois estivo tumbado, despedíndose deste xeito ata outro
ano. É unha copla das máis frecuentes en maios galegos. Nalguis casos aparece
o seu significado máis ás claras noutros maios como o de Viana do Bolo onde
cantaban: " Levántate maio, que tanto dormiches, xa pasou o inverno e nono
sentiches. " Este verbo : " levantar" voltaría a identificar ó Maio co mes,ou
máis ben a referirse de novo ós cambios estacionais cos que abriamos a letra
do noso maio, conferíndolle esta estrofa unha estructura pechada cíclica.
Ese inverno (e tódolos males que se asocian a él) remata coa renovación
primaveral que dá entrada a boas colleitas, permite a prosperidade do gando
e felices partos,e é vencido e alonxado de cada casa cando o maio-mozo se
levanta para dirixirse á outra veciña . Outro sentido , o burlón ,derivado
do maio perezoso que non esperta ainda que pase unha cabaleiría ou un camión
(nas versiois máis modernas) ,conflue coa interpretación anterior , pois
urxe ó maio a que esperte e dea paso a primavera. A nosa copla de peche
dí o seguinte: " Levántate maio, bastante dormiches, pasou un burro e non
o sentiches." Fagamos un esquema da división e o concepto de cadanseo grupo
coas súas estrofas: 1º Grupo referencial: Describe o espertar da Natureza
en Maio. Armazón > Estrofas de presentación ou 2º Grupo nuclear: básico
humanizadoras. tradicional. > Estrofas petitorias. 3º Grupo de coplas de
halago ou insulto. 4º Peche: Para ergue-lo maio.
CONCLUSIOIS
Neste rápido repaso sobre os maios,sabemos que ainda é muito o que se
podería dicir acerca de aspectos apenas tocados ,como por exemplo , a
orixe e a antigüedade da música do maio de Vilafranca , a súa relación
co Camiño de Santiago como un engadido que lle otorga maior valor desde
o punto de vista musicolóxico. Mais imos esbozar unha serie de ideas clave
a modo de resumo esquemático do xa dito. Os contidos culturais deste maio
terán unha aplicación directa na comprensión do ciclo estacional así como
da importancia de marca-lo tempo da entrada do espertar da natureza ,a
calor, a xerminación das plantas ,e tamén unha serie de consecuencias
na fertilidade dos campos,gando e mesmo nos seres humanos. Deste remarca-la
harmonía dos ciclos naturais deixa translucir a economía dunha sociedade
agraria fundamentalmente medieval, ou do Antigo Réxime, pero evocadora
de sustratos anteriores para a nosa sociedade, que parece querer ignorar
todo aquel pasado,onde calquera feito rural é marxinado peiorativamente
. Mais este costume terá hoxe unha función concenciadora do respeto secular
pola harmonía da natureza que está a sofrir profundos e mui graves trastornos
nos seus ecosistemas. O saber popular de transmisión oral, o folklore
é capaz de propiciar usos lingüísticos marxinados por regla xeral entre
as xeneraciois máis novas co que isto ten de positivo para socializar
ós xoves achegándoos ó seu entorno. Non podemos esquecer que lingua e
as tradiciois conforman un apartado importante da definición da psicoloxía
dun pobo,ou sexa, da súa cultura. Precisamente unha das cualidades esenciais
da humanidade , a variedade cultural,atacada hoxe pola aplastante uniformización
cultural plantexada desde os grandes medios de comunicación, co conseguinte
desarraigo é combatido coa consolidación de elementos culturais propios
para avantar nunha sociedade máis comprensiva e educada na pluralidade
e a variedade . Por último as actividades propostas ,en especial, a participación
e o traballo en grupo propicia a solidariedade e as boas relaciois dos
nenos e mozos entre sí, pero tamén ten lecturas positivas á hora de valorar
a integración deles no entorno social que lles rodea, cos veciños, co
pobo. Por outra banda destacaremos como peculariedades do maio de Vilafranca
as seguintes:
- Son unha manifestación cultural Galega fóra da Galicia administrativa.
- É o único exemplar vivo dos maio-mozo, unha xa de por sí mui ancestral
expresión de ritos atávicos relacionados co culto á árbore e o ciclo de
maio,tan abundantes en toda Galicia ata fai unhas décadas.
- As coplas ademáis de conservaren o galego da zona, perduran desde fai
séculos e nalgúis casos sen alteración.
- A música de características arcaicas ten unha especial relación cos
fenómenos culturais producidos desde o medievo polo Camiño de Santiago.