APOIAMOS O FUTURO DA TRADICIÓN

No rico conxunto patrimonial do Bierzo ( León) e As Portelas (Zamora), un dos elementos que se está poñendo en valor é ese patrimonio da tradición oral, da fala e o patrimonio inmaterial que constituen un universo relacionado coas actividades agrarias, as artesanías e o ciclo festivo. A nosa aportación ao patrimonio inmaterial galaico-portugués está viva, é significativa e relevante. Chegamos ao século XXI conservando unha boa parte das diversas manifestaciois da nosa forma de vivir e ver o mundo, vellos oficios, costumes, lendas e festas que son hoxe símbolo do que fomos onte.

Debemos estar orgullosos dese conxunto de persoas que foron e son aínda os verdadeiros transmisores a día de hoxe deste legado cultural que, como tamén é sabido, está ameazada pola configuración dun mundo globalizado e polo declive das sociedades agrarias.

A presente Candidatura do patrimonio inmaterial do galego-portugués á UNESCO é, sen dúbida, unha oportunidade irrepetible de defender o noso patrimonio e de coñecer máis a fondo a nosa identidade, por iso apoiámola sabendo que así apoiamos un patrimonio para o futuro.

APOYAMOS EL FUTURO DE LA TRADICIÓN

En el rico conjunto patrimonial del Bierzo (León) e "As Portelas (Zamora), uno de los elementos que se está poniendo en valor es ese patrimonio de la tradición oral, de habla y el patrimonio inmaterial que constituyen un universo relacionado con las actividades agrarias, las artesanías y el ciclo festivo. Nuestra aportación, la berciana y la de "As Portelas", al patrimonio inmaterial galaico-portugués está viva, es significativa y relevante. Llegamos al siglo XXI conservando una buena parte de las manifestaciones diversas de nuestra forma de vivir y ver el mundo, viejos oficios, costumbres, leyendas y fiestas que son hoy símbolo de lo que fuimos ayer.
Debemos estar orgullosos de ese conjunto de personas que fueron y aún son los verdaderos transmisores a día de hoy de este legado cultural que, como también es sabido, está amenazada por la configuración de un mundo globalizado y por el declive de las sociedades agrarias.

La presente Candidatura del patrimonio inmaterial del gallego-portugués a la UNESCO es, sin duda, una oportunidad irrepetible de defender nuestro patrimonio y de conocer más a fondo nuestra identidad, por eso la apoyamos sabiendo que así apoyamos un patrimonio para el futuro.

UN PATRIMONIO PARA O FUTURO

O BIERZO E AS PORTELAS

 

coa Candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués á UNESCO

Vilafranca do Bierzo 17 Setembro

PROGRAMA
Acto de inauguración
Teatro Vilafranquino- 12,00 h.

Presentación da candidatura
Relatorio dos novos apoios á Candidatura.
A tradición oral no Bierzo e As Portelas.

Oficios e artesanías tradicionais
Praza Maior das 13,00 ás 14,00 e das 18,00 ás 20,00.

Xogos tradicionais
Na Alameda das 17,00 ás 19,30.

Acto de clausura
Teatro Vilafranquino 20,00h.

Declaraciois institucionais
Alcaldes, Pte. Consello Comarcal do Bierzo, Procurador por Zamora, Consellerías de Cultura da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León.

A relación Bierzo-Valdeorras Inst. de Estudos Valdeorreses.

O patrimonio Lírico -Musical
Recitados do escritor Anxo Angueira.
Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo
Abertal da Rúa de Valdeorras

Promotores:
Comisión Cultural Martín Sarmiento, Asoc. Cult.. Escola de Gaitas, As. Cult. Xente Nova das Portelas (Zamora).

Apoian:
Ilmo. Ayuntamiento de Villafranca del Bierzo, Consello Comarcal do Bierzo, Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Consejería de Cultura de la Junta de Castilla y León., Instituto de Estudios Valdeorreses, ADISAC (As. Para el Desarrollo Integral de Sanabria y Carballeda), As. Xarmenta, As. Fala Ceibe, As. A Morteira.

Patrocina:
Ilmo. Ayuntamiento de Villafranca del Bierzo

Agradecementos a:
Juan González, Manuel Santín, José Rodríguez, Amabilio Alonso, Domingo Gómez, Mila Suarez, Alex González, Domingo González, Lorenzo González, José Moral, Remedios Poncelas, Manuela, Manuel, Isabel, Guti, Bernardino Poncelas, Fernando Alba, Felipe Hoyos, Elpidio Alba, Constento Ortega, Amador Bruña ,…

E a todos os que non figurades aiquí pero que, a vosa sabiduría, traballo ao longo dos anos e información, fixeron, tamén, posible esta mostra e manteñen o espírito que move a presentar a candidatura para que iste, o noso parimonmonio inmaterial, sexa considerado PATRIMONIO DA HUMANIDADE.